Ás veces a Cloe dánlle tolemias. Bota a correr por toda a horta para acabar gabeando polas árbores como se fuxira dun perseguidor imaxinario, ou perseguindo ela a unha peza igualmente inexistente. Dende o alto da árbore amosa a súa natureza máis salvaxe, imitando aos grandes felinos. Da un pouco de risa ao vela tan pequena, pero ela tómao moi en serio e en ocasións ata ameaza aos paxaros que voan preto dela.
A miña gata, por momentos, cre que é unha tigresa. A mín gústame vela nesas exhibicións gatunas. Pensará que é un tigre? Terá a súa pequena cabeciña capacidade para imaxinarse grande e poderosa ou a natureza de cada quen é máis forte que a realidade e acaba saíndo nalgún instante das nosas vidas?.
Probablemente para ela só e un xogo, pero ás veces acaba agotada.
©Chulihorro
