jueves, 30 de junio de 2011

Raias no ceo

Alguén rañou no ceo diante da miña casa e deixou esas marcas. Vése que lle picaba moito.

©Chulihorro

lunes, 27 de junio de 2011

An stupid picture

It´s stupid. I know it. But I like it.
©Chulihorro

sábado, 25 de junio de 2011

Non é unha ra, é un selenita.

En principio pensei que debuxara unha ra, ou un sapo, algún batracio indefinido... Non, errei: é un selenita!

©Chulihorro

miércoles, 15 de junio de 2011

ollo

Houbo un tempo no que me deu por pintar ollos. Creo que só este resisteu os meus impulsos destructores e librouse de ir ao lixo. 
©Chulihorro

martes, 14 de junio de 2011

El monstruo del bótox

No sé en qué estaría yo pensando. Lo cierto es que haciendo garabatos - mis dibujos son siempre garabatos - salió esto, que a mí me dio por llamarle el monstruo del bótox, porque creo que se ha operado los labios. Es una sospecha, aunque él lo niegue.
© Chulihorro

sábado, 4 de junio de 2011

Bamio 1990

Aínda non tiña os vintecatro anos. Era unha mañá de finais de setembro, luminosa e quente.
Abrín a porta antes de tempo, en canto vin pola ventá que algún de vós xa se achegaba. Atopei uns ollos curiosos que me miraban cheos de interrogantes e esperanzas e outros que se preguntaban canto tería eu de oficio. 
Nada, non tiña nada. Era a primeira vez que traballaba. Soa con dezaseis pequenos. Sen coche, sen teléfono, sen fotocopiadora... A penas había as vosas mesas e a miña.
De seguido fóstedes chegando todos e eu aprendinme rápido os vosos nomes, sen dubidar nin un instante. Esa facilidade acompáñame dende aquela.
Erades todos tan pequenos... Mirabádesme uns tanteando o que ía saír de alí, outros con medo e algún abertamente disposto dende o principio a camiñar da miña man.
Máis difíciles eran os maiores. Convencer aos vosos pais, nais, avós de que, sen experiencia ningunha, só con toda a ilusión, a xuventude e as ganas podia aprendervos cousas.
E si. Xuntos, sen case medios, collidos da man viaxamos a países de fantasía, achegámonos ás letras, enredamos cos números e xogamos entre nós. Si. Sobre todo xogamos moito e moi ben o pasamos.
Eu aprendín moito con vós, sobre a miña capacidade para improvisar, sobre a miña paciencia, sobre as miñas propias habilidades e destrezas. O que máis me custou foi afacerme a que cando diciades "profe" falabádesme a min. Sempre esperaba ver entrar a alguén máis experimentado pola porta.
Foi un gran ano. E os choros e os abrazos de final de curso, os vosos e si, tamén os dos vosos pais, nais e avós, convencéronme de que non o fixera nada mal. 
E sobre todo, convencinme de que son "profe". É o meu segundo nome.
©Chulihorro

viernes, 3 de junio de 2011

Paseos con papá

A tarde está morriñenta. De novo poño a vella roupa que me serve para andar cómoda e novamente bótome ao camiño contigo.
Xuntos imos observando as árbores, as flores, o río que nalgúns tramos corre ao noso carón. Río contigo e coas túas vellas lembranzas de neno pobre nun medio que é o mesmo pero que xa non se parece a aquel.
Aprendo novos nomes de árbores e plantas que vemos na nosa andaina, anque logo os esquezo de seguida e mañá terei que volver preguntarchos.
De vez en cando teño que apoiarme mellor no pau que levo pola dureza dos treitos que andamos xuntos.
Andamos. A modo. Sen presa e sen paradas. Observando o ceo, o camiño, as plantas, o río...
Algo móvese detrás duns toxos e penso que pode ser un coello, anque ao momento tema que se trate dunha serpe. Será un lagarto coa cabeza tan grande como a da vaca Estrella?.

De novo andamos xuntos polas vellas corredoiras e camiños. Pequenas estradas que temos á nosa man para disfrutar de anaquiños moi agradables de tempo.

© Chulihorro

jueves, 2 de junio de 2011

Cansancio

Dolor en el cuello. Los brazos y las piernas que se estiran, se encogen y se vuelven a estirar, buscando la postura más cómoda.
La cabeza que gira hacia el lado en el que mejor descansas.
Los párpados que pesan y tu mente que empieza a divagar. Y tú que sigues empeñada en pergeñar los planes de mañana, pero ya el sueño te vence y detrás de tus ojos empiezan a asomar formas y figuras irreales.
Abrir los ojos y acostumbrarlos de nuevo a la penumbra de tu cuarto, para intentar elaborar la actividad del día venidero. Pero no soportan ya el peso de las pestañas.
Te estiras. Desde el cuello hasta los dedos de los pies.
Giras de nuevo en la cama y el sueño vence la batalla.
Duerme. Duerme.
Pronto será un nuevo día.
© Chulihorro

miércoles, 1 de junio de 2011

O berro

Un día pintei esto. A mín gústame e a Candela tamén. De feito téñoo na entrada da miña casa (acojonando al personal tan pronto pisan el umbral).
Chámase "O berro". Nada que ver co de Munch obviamente.
©Chulihorro