sábado, 24 de diciembre de 2011

Unha tarde de domingo

O domingo estivo bo día.
Chegou Juan cos nenos para comer, anque non contabamos con eles. Por iso a comida foi divertida e máis saborosa.
Despois de comer fomos dar un paseo pola beira do Umia. Con Candela e Juan os paseos de media hora convírtense nunha, xa que van parando en canta herba, pau ou cogomelo atopan polo camiño.
Fixeron fotos, correron, saltaron, ían os primeiros e de súpeto quedaban de últimos.
É agradable pasear por un camiño cheo de xente coñecida, con dous satélites arredor que non paran un segundo, oíndo a música da auga ao teu carón.
Falamos do pouco que quedaba de clase, do que lle pedían aos Reis (benditos os seis anos que aínda che permiten crer nos tres barbudos), do que ían facer cando viñeran por Fin de Ano…
Fixeron unha carreira co avó para ver quen subía antes a costa de volta á casa, e metéronse coa avoa por facer o último tramo no coche.
Despedímonos, como sempre, con bicos e abrazos que saben doces como rosca recén feita e coa promesa de vernos moi pronto e durante uns días.
Foi unha tarde estupenda de domingo, cando en principio todo presaxiaba a mesma rutina de sempre.
© Chulihorro

miércoles, 16 de noviembre de 2011

dragóns

Me encantan los dragones. Me parecen unas figuras fantásticas, en todas sus acepciones. Hace muchos años dibujé este, que hoy está colgado en mi estudio. 
©Chulihorro

domingo, 6 de noviembre de 2011

sobriños

Hai non moitos anos os meus sobriños viñan durmir tódolos venres á miña casa. Xogabamos aos nomes, ás cartas, viamos a tele, contabamos contos na cama e contábanme como pasaran a semana. 
Marcos facía moitos debuxos, que eu gardo como un tesouro nunha carpeta, e ás veces xogaban no ordenador. Cando se escangallaba eu poñíame toda nerviosa, porque no sabía, nin sei, como arranxalo.
Foron medrando e deixando de vir. Vémonos os fins de semana na casa dos meus pais, en tempos que se me escapan porque unha hora non me chega para estar con eles.
A Jorge chámoo tódolos mércores, e boto unha parrafadiña con el, en función do tempo que teña, xa que hai moito que estudar.
Agora son os pequenos os que veñen durmir cando andan por aquí. Sei que non vai durar moito a súa querencia pola miña casa, por iso estou sempre disposta a recibilos. Dentro de pouco terei que velos unha hora escasa ou en fotos.

O tempo pasa e Marcos segue debuxando, facendo fotos, e aprendendo como funcionan as tripas dos ordenadores. Xa sendo moi pequeno encaixaba soíño pezas imposibles dos legos. Actualmente manexa o ordenador como eu o lapis e o papel. Agora cando teño unha dúbida, chámoo a el para que me bote unha man.
Seguen sendo o máis fermoso que hai na miña vida. Cada un á súa maneira e sendo os catro diferentes. De cada un teño un recordo especial, para cada un unha forma particular de velos.
Hai un refrán de vello que di que a quen Deus non lle da fillos o demo dálle sobriños. Pois, neste caso, ben polo demo!

© Chulihorro

jueves, 27 de octubre de 2011

Son mestra

Ás veces chego á casa e fálolle á miña familia das miñas experiencias no traballo.
Supoño que en ocasións pensan que estou medio tola e non poden entender que pase cinco horas entre saltos, cancións, lavados de mans, limpezas de cara e mocos, lecturas e dramatizacións de contos... Certamente non é normal que alguén de 45 anos disfrute cantando "kikirikí, cocorocó, dúrmete lúa que xa sae o sol", pintando un enorme papel branco - logo de facer tódalas mesturas imaxinables coas cores -, deitada nunha colchoneta sentindo os alentos dos meus nenos (si, e os mocos, os espirros e as toses) na miña cara, ou ensinándolle a alguén como debe coller a tesoira. 
Pero ese é o meu traballo. En ocasións máxico, algunhas veces desalentador (cando repites por enésima vez: falade máis baixo, non vos empurredes, escoitade ao voso compañeiro...).
A maioría das veces comería a bicos aos meus alumnos. Hoxe foi un día así. Un neno díxome, logo de estar unha semana enfermo e por fin volver á escola: profe, que ben estou aquí contigo, verdade?
Só por comentarios como ese paga a pena pelexar con eles tódolos días e facer o ridículo cantando que estou movendo o cu e non o podo parar.
©Chulihorro

sábado, 15 de octubre de 2011

A BARCA

Hai un par de anos unha foto do meu irmán inspiroume un poema. Paréceme unha foto triste, e saíu unha poesía triste:


©Amancio Horro

Xa non sirvo.
Amoréanse sobre min as algas
tinguindo de verde a miña cor orixinal.

Morro ao cabo do porto
ancorada aínda, sen dono.
Durmo a miña morte
ao ritmo das mareas.

Ninguén me ve.
Son invisible co meu manto vexetal.
Xa non sirvo.

Recordo tempos de peixes
batendo os seus lombos sobre as miñas táboas,
o traballo dos homes,
o regreso ao solpor,
o esforzo nas miñas costas,
o aroma do sal...

Recordo noites de faena,
traballos á luz da lúa,
pequenos rabuños na pintura ao atracar...

Agora as táboas apodrecen,
cheas de humidade e esquecemento,
dun envoltorio verde que me atrapa
como unha arañeira.

Morro. Morro de pena e soidade.
Ninguén me necesita.
Ninguén me ve.

So queda de min o esqueleto
e os recordos que so a min pertencen.
Só me queda a auga que me adormece
nesta morte queda e calada,
nesta morte verde e salgada.

                            Morro.
©Chulihorro

sábado, 8 de octubre de 2011

Sobe ao meu lombo

Levareite voando no meu lombo
sobre as miñas ás estendidas.
Esquivarei a humidade das nubes,
evitando mollar as túas feridas.
Protexereite do vento
cos meus brazos abertos
mentres soñas en silencio
co amor infinito que che ofrezo.
Evitarei voaar rumbo ao sol,
para que non te queimes,
e coa auga da chuvia
docemente lavareite.
Deixarei atrás as treboadas
para que non espertes.
E pedireille á lúa, con voz queda,
que arrole o teu sono lentamente.

Sobe ao meu lombo,
e déixate sen presas levar.
Repousa a túa cabeza
no meu colo, para soñar.
Non permitirei que o vento zoe,
non deixarei que brúa o mar.
Só será o silencio quen te toque,
se sobes ao meu lombo para voar.

Deixa que escolla por ti
un camiño descoñecido e aberto
voando por un ceo inacabado
sentindo preto o teu alento.
Levareite no meu lombo,
se ti queres,
sobre as miñas ás abertas
para sosterte.
O meu corpo será a túa cama,
os meus brazos as túas mantas,
protexereite do frío, da auga,
das penas sen nome que te mancan.

Sobe ao meu lombo, sen medo,
mirarei por ti, por que non caias.
E se sentes vertixe pola altura
abraza as miñas costas que te agardan.
Afastareite das sombras que temes,
mentres susurras no meu oído
doces palabras que só ti cantas,
facéndome con elas un vestido.

Sobe ao meu lombo, que te espera,
e xuntos voaremos polo aire.
Ti cantando docemente no meu colo,
eu buscando un fogar novo ao que levarte.
© Chulihorro

domingo, 25 de septiembre de 2011

Tolemias

Ás veces a Cloe dánlle tolemias. Bota a correr por toda a horta para acabar gabeando polas árbores como se fuxira dun perseguidor imaxinario, ou perseguindo ela a unha peza igualmente inexistente. Dende o alto da árbore amosa a súa natureza máis salvaxe, imitando aos grandes felinos. Da un pouco de risa ao vela tan pequena, pero ela tómao moi en serio e en ocasións ata ameaza aos paxaros que voan preto dela.
A miña gata, por momentos, cre que é unha tigresa. A mín gústame vela nesas exhibicións gatunas. Pensará que é un tigre? Terá a súa pequena cabeciña capacidade para imaxinarse grande e poderosa ou a natureza de cada quen é máis forte que a realidade e acaba saíndo nalgún instante das nosas vidas?.
Probablemente para ela só e un xogo, pero ás veces acaba agotada.
©Chulihorro

domingo, 21 de agosto de 2011

Avoa

Hai unha chea de nomes na miña cabeza, de sitios que non coñezo máis que de oídas (a Pena da Mó, a Fonte da Meiga, a Veiga das Cartas...), hai nomes de xentes das que só sei iso, o nome (Manolo da Porcela, Dolfina de Muíños, o Tío Currás, Don Samuel...). 
E sobre todo e por riba de todos están Luís e Herminda. Parte da familia que marchou ante de eu nacer. Sen embargo, anque nunca a vin, sei da dozura, da entereza e da rectitude moral da avoa. Sei dos sus ditos, da súa bondade, do seu sentido común e do seu humor.
Véxoa baixando ao río co Pipo ao seu lado, ou volvendo da terra de traballar todo o día e respondendo que a cama xa a fixera o carpinteiro, ao preguntarlles vós se estaba lista. Podo intuír o seu desacougo o día que chegaches á casa cunha ferida no pulso e que entre Luís e ti intentástedes disimular. Adiviño a súa cara cando Lela lle comentou, entre berros e movementos de brazos, que lle mataras os pitos...
E, anque só conservamos dela unha única fotografía, imaxino a súa longa trenza chegándolle ao medio das costas, xa que imaxe é tan cativa que non permite vela con claridade.
E vexo, aínda hoxe, o moito amor que che deu e que nunca é suficiente.
© Chulihorro

martes, 2 de agosto de 2011

Cortázar

Qué sería de mi vida y de mi gusto por la literatura sin la influencia del señor Lens (enormísimo profe de Literatura en el instituto) y, por supuesto, del no menos enormísimo cronopio del señor Cortázar.
Cada dos años, más o menos, vuelvo a Rayuela y me emociono desde la risa hasta la lágrima en la misma página, algo que ningún otro escritor ha conseguido conmigo jamás.
De Lens guardo el recuerdo de sus clases divertidas, la ironía era su segunda piel, de su voz profunda que con cualquier lectura o explicación te fijaba al asiento, y de la facilidad para transmitir amor hacia cualquier texto escrito.
Cortázar... a los cronopios es muy difícil definirlos, digámosle sólo "buenas salenas, cronopio, cronopio". Él lo entenderá.


martes, 26 de julio de 2011

jueves, 14 de julio de 2011

albariño

Íbamos de fiesta. Tenías intención de acostarte a la una de la madrugada, aunque, al final, a las diez y media te quedaste rendida.
Mientras nos acercábamos al lugar donde estaban emplazadas las atracciones señalaste, a lo lejos, la noria al tiempo que gritabas entusiasmada: "Allí, allí quiero subir!". Naturalmente no podías, era una atracción para mayores, pero nada te imponía temor y todo te parecía divertido y apetecible.
Fuiste varias veces en el carrusel, probando primero el cisne, un coche, el camión de bomberos y no recuerdo qué más.
Compramos boletos para la tómbola, pero no nos tocó nada, y para evitar ese regusto frustrado nos compramos unas golosinas que nos comimos de regreso a casa.
Querías mantenerte despierta después de cenar para ver los fuegos artificiales, pero el sueño te venció...
Los miré sola desde la terraza, mientras oía tu respiración tranquila en la habitación contigua, después de una tarde de emociones.
© Chulihorro

viernes, 8 de julio de 2011

LLueve

Ya lo decía Serrat: llueve, detrás de los cristales llueve y llueve...
Así están hoy mis ojos detrás de los cristales de las gafas. A veces la vida te pone pruebas muy duras que no sabes si vas a poder superar, y vas sobreviviendo con cachitos muertos colgando de tu corazón.
Y te sientes impotente y triste, y eso es todo lo que puedes hacer. LLorar en la distancia.
Siempre sale el sol después de la lluvia. Lo sabes. Pero también sabes que la lluvia se habrá llevado con ella una parte de tu risa y tu alegría que no volverás a recuperar.
©Chulihorro

jueves, 30 de junio de 2011

Raias no ceo

Alguén rañou no ceo diante da miña casa e deixou esas marcas. Vése que lle picaba moito.

©Chulihorro

lunes, 27 de junio de 2011

An stupid picture

It´s stupid. I know it. But I like it.
©Chulihorro

sábado, 25 de junio de 2011

Non é unha ra, é un selenita.

En principio pensei que debuxara unha ra, ou un sapo, algún batracio indefinido... Non, errei: é un selenita!

©Chulihorro

miércoles, 15 de junio de 2011

ollo

Houbo un tempo no que me deu por pintar ollos. Creo que só este resisteu os meus impulsos destructores e librouse de ir ao lixo. 
©Chulihorro

martes, 14 de junio de 2011

El monstruo del bótox

No sé en qué estaría yo pensando. Lo cierto es que haciendo garabatos - mis dibujos son siempre garabatos - salió esto, que a mí me dio por llamarle el monstruo del bótox, porque creo que se ha operado los labios. Es una sospecha, aunque él lo niegue.
© Chulihorro

sábado, 4 de junio de 2011

Bamio 1990

Aínda non tiña os vintecatro anos. Era unha mañá de finais de setembro, luminosa e quente.
Abrín a porta antes de tempo, en canto vin pola ventá que algún de vós xa se achegaba. Atopei uns ollos curiosos que me miraban cheos de interrogantes e esperanzas e outros que se preguntaban canto tería eu de oficio. 
Nada, non tiña nada. Era a primeira vez que traballaba. Soa con dezaseis pequenos. Sen coche, sen teléfono, sen fotocopiadora... A penas había as vosas mesas e a miña.
De seguido fóstedes chegando todos e eu aprendinme rápido os vosos nomes, sen dubidar nin un instante. Esa facilidade acompáñame dende aquela.
Erades todos tan pequenos... Mirabádesme uns tanteando o que ía saír de alí, outros con medo e algún abertamente disposto dende o principio a camiñar da miña man.
Máis difíciles eran os maiores. Convencer aos vosos pais, nais, avós de que, sen experiencia ningunha, só con toda a ilusión, a xuventude e as ganas podia aprendervos cousas.
E si. Xuntos, sen case medios, collidos da man viaxamos a países de fantasía, achegámonos ás letras, enredamos cos números e xogamos entre nós. Si. Sobre todo xogamos moito e moi ben o pasamos.
Eu aprendín moito con vós, sobre a miña capacidade para improvisar, sobre a miña paciencia, sobre as miñas propias habilidades e destrezas. O que máis me custou foi afacerme a que cando diciades "profe" falabádesme a min. Sempre esperaba ver entrar a alguén máis experimentado pola porta.
Foi un gran ano. E os choros e os abrazos de final de curso, os vosos e si, tamén os dos vosos pais, nais e avós, convencéronme de que non o fixera nada mal. 
E sobre todo, convencinme de que son "profe". É o meu segundo nome.
©Chulihorro

viernes, 3 de junio de 2011

Paseos con papá

A tarde está morriñenta. De novo poño a vella roupa que me serve para andar cómoda e novamente bótome ao camiño contigo.
Xuntos imos observando as árbores, as flores, o río que nalgúns tramos corre ao noso carón. Río contigo e coas túas vellas lembranzas de neno pobre nun medio que é o mesmo pero que xa non se parece a aquel.
Aprendo novos nomes de árbores e plantas que vemos na nosa andaina, anque logo os esquezo de seguida e mañá terei que volver preguntarchos.
De vez en cando teño que apoiarme mellor no pau que levo pola dureza dos treitos que andamos xuntos.
Andamos. A modo. Sen presa e sen paradas. Observando o ceo, o camiño, as plantas, o río...
Algo móvese detrás duns toxos e penso que pode ser un coello, anque ao momento tema que se trate dunha serpe. Será un lagarto coa cabeza tan grande como a da vaca Estrella?.

De novo andamos xuntos polas vellas corredoiras e camiños. Pequenas estradas que temos á nosa man para disfrutar de anaquiños moi agradables de tempo.

© Chulihorro

jueves, 2 de junio de 2011

Cansancio

Dolor en el cuello. Los brazos y las piernas que se estiran, se encogen y se vuelven a estirar, buscando la postura más cómoda.
La cabeza que gira hacia el lado en el que mejor descansas.
Los párpados que pesan y tu mente que empieza a divagar. Y tú que sigues empeñada en pergeñar los planes de mañana, pero ya el sueño te vence y detrás de tus ojos empiezan a asomar formas y figuras irreales.
Abrir los ojos y acostumbrarlos de nuevo a la penumbra de tu cuarto, para intentar elaborar la actividad del día venidero. Pero no soportan ya el peso de las pestañas.
Te estiras. Desde el cuello hasta los dedos de los pies.
Giras de nuevo en la cama y el sueño vence la batalla.
Duerme. Duerme.
Pronto será un nuevo día.
© Chulihorro

miércoles, 1 de junio de 2011

O berro

Un día pintei esto. A mín gústame e a Candela tamén. De feito téñoo na entrada da miña casa (acojonando al personal tan pronto pisan el umbral).
Chámase "O berro". Nada que ver co de Munch obviamente.
©Chulihorro

domingo, 29 de mayo de 2011

Cervicais

Hai veces nas que a dor é tan intensa que creo que me vai reventar a cabeza.

É como se algo ou alguén morderá a miña caluga xusto no seu nacemento e dóeme mover a cabeza, dóeme o pescozo e dóeme ata pensar.
Hai veces nas que creo sentir ao monstro mordendo no meu colo e vou correndo ao espello por ver de sorpréndelo.
Nunca chego a pillalo, sempre se agocha antes, pero así é como eu o imaxino: aferrado ao meu colo, impedíndome movelo, cos seus dentes e mans agarrotándome.
Odio ao meu monstro das cervicais. Algún día pillareino no espello e fareille unha foto.
Logo mirarei cal é o seu punto máis débil e atacareino cos meus dentes e as miñas mans.
©Chulihorro

sábado, 28 de mayo de 2011

Agonías

Me falta el tiempo y se me acumulan los papeles sobre la mesa, que cada vez tiene menos espacio libre.
Siempre esta sensación de estar desnortada y con la lengua fuera, sin tiempo para respirar ni pensar.
Aguanto la respiración. Es como estar buceando, pero creo que no aguantaré mucho debajo del agua. No me gusta bucear. No me gusta meter la cabeza bajo el agua sino es en la ducha.
Necesito respirar y sentir mi piel secándose al sol. Necesito tumbarme en la toalla. Necesito ordenar esta montaña de papeles que me tienen abrumada y me impiden ver la ventana y, por tanto, la luz.
Guardaré todo en mis cajones y lo sacaré de delante de la vista. No aparecerán otra vez hasta que no los vuelva a abrir.
Me faltan el tiempo y el aire.
Hago burbujas bajo el agua y siento  opresión en el pecho, siento las sienes a punto de explotar, siento el corazón que se acelera con el miedo...
Quiero despejar mi mesa, quiero ordenar mis papeles, quiero volver a ver la luz por mi ventana, quiero...
Quiero dejar de bucear y dejar de sentir esta opresión.

Necesito más tiempo y menos proyectos sobre mi mesa... y una piscina en la que haga pie.
©Chulihorro

viernes, 27 de mayo de 2011

Lombard Street

La foto es malísima, pero es muy difícil mantener el pulso y aguantar la risa al bajar por esta calle. Es de hace millones de años, cuando no había cámaras digitales y la mía era particularmente cotrosa. Aún recuerdo las risas y los mareos, con Elena al volante y las otras tres intentando hacer fotos en las que se viera la calle (en la mayoría sólo conseguíamos enfocar los setos). Qué risas!. Al fondo la Coit Tower (más risas).
©Chulihorro

martes, 24 de mayo de 2011

Navia de Suarna

Ás veces non hai que ir moi lonxe para atopar belezas naturais (e artificiais). En Sarria pasei hai poucos anos, uns días estupendos, relaxados, tranquilos, de moita camiñata e moita paz. 
Navia de Suarna, como todo Lugo, namoroume. 
E iso que en moitos sitios non había cobertura para o móbil.

©Chulihorro

lunes, 23 de mayo de 2011

Cloe

Chega Cloe á casa. Unha boliña de pelo que só quere mimos e caricias. Deitada nas miñas pernas durme, xoga, rabuña...




 ©Chulihorro

domingo, 22 de mayo de 2011

Viaxes

Rotterdam sorprendeume. Esperaba unha cidade sucia, algo caótica, e fea. Non é en absoluto. Gustoume.
©Chulihorro

sábado, 21 de mayo de 2011

A rolda dos xogos

Tardes de partida. Sacar a baralla e xogar á escoba, a brisca, ao chinchón. Coller o parchís e botar varias partidas (-jo, avó, por que me comes a ficha?-).
Tardes de xogos coa canasta, de competicións inventadas, de torneos inacabables con trofeos incluídos. Tardes de fotos cos mellores sorrisos e os máis auténticos choros. Tardes de medirse no mesmo pau que tódolos anos, para comprobar o moito que medrades.
Tardes eternamente longas que vós queredes prolongar aínda máis.
Tardes de sol e paseos; de peiteado de gatos e galletas constantes.
Tardes de carrilana e bailes nas puntas dos pés, de xincanas imposibles cos coches de xoguete.
Tardes ao voso lado. 
E ao remate do día buscar con ansia a cama agardando un descanso non sempre recibido, para erguerse de novo con vós e que a rolda de xogos comece outra vez.

©Chulihorro

viernes, 20 de mayo de 2011

Pesadelos

Hoxe pasei mala noite. Espertando e durmindo, suando e con pesadelos. Problemas?, non máis que os cotiáns. O certo é que o meu cerebro botaba fume. 
Lembreime dun debuxo que fixen hai pouco. Servirá para ilustrar a noite.
©Chulihorro

jueves, 19 de mayo de 2011

Ciega

Qué triste. Yo aquí, haciendo un blog, y resulta que, sin querer, le doy al zoom y lo veo todo muy pequeño. Dudaba yo ya de mi vista, me volvía loca intentando poner todo en su sitio, y nada. El cacharro no me obedecía. 
Qué suerte tener amigos que entienden de esto. Gracias Juanca por la colaboración gratuita y desinteresada. 
Ahora ya sé dónde está el zoom y puedo poner la página como me de la gana en el explorador.:-)

miércoles, 18 de mayo de 2011

Ourizos

A principios do inverno apareceron na horta cinco ourizos (catro pequenos e a nai). Agocháronse entre as follas. Estamos agardando a que volvan a espertar. É fermoso velos correndo entre as leitugas e as follas do carballo.

©Chulihorro

lunes, 16 de mayo de 2011

Aventuras

Tu mano en mi mano, que la envuelve. Tus pasos pequeños a mi lado. Íbamos a tomar el autobús para ver a los animales en el zoo. Entonces para tÍ todo era nuevo y atractivo. El viaje en autobús suponía una odisea, y nada más entrar en la autopista gritaste feliz "llegamos a Vigo", inconsciente del trayecto que aún quedaba por delante.
Esperar en la estación para ver quién era el primero en verlo. Y tus brazos alrededor de su cuello al descubrirlo. Empezar a contar lo visto y, nervioso, inquirir ya sobre lo que ibas a ver.
El paseo por el zoo, observando a los animales, algunos de los cuales te asustaban y te hacían separarte mucho de las jaulas al hacernos fotos.
Y tu risa constante. Tu alegría y tus preguntas nunca satisfechas.
La comida que, como siempre, apenas probaste, deseando ir a la sala a jugar con lo que allí había.
Y volver a casa y que contaras todo lo vivido aquel día, que a tus escasos tres años debió ser toda una aventura.
©Chulihorro

domingo, 15 de mayo de 2011

limóns

Ás veces a natureza é caprichosa nas súas formas.
©Jhorro

viernes, 13 de mayo de 2011

O teu lado escuro

Son a sombra bailarina do teu corpo.
O recordo imaxinado dunha tarde.
Son aquelo que rexeitas nos teus soños.
Son a leña podrecida que non arde.

Son o peor que hai en ti de malo.
A túa cara máis noxenta, a máis cruel.
Son o inferno que agochas baixo un manto
e que non sospeita en ti ninguén.

Son a túa parte escura, a que non mostras.
Son todo aquelo que non quixeras ser.
Foxes da miña ollada, inmerso noutras,
como escaparías do meu lado con pracer.

Se puideras, esqueceríasme.
Se souberas, borrarías a miña pegada.
De poder facelo, anularíasme.
Con gusto, converteríasme en nada.

Pero eu continúo aquí. Mancándote.
Sigo aniquilándote de a pouco.
Inventando feridas novas. Matándote.
Sabendo que, mentres te mato, tamén morro.
©Chulihorro
Ás veces dende a miña casa, e cunha cámara pataqueira, saen fotos tan chulas coma esta:


©Chulihorro

Verán

Días de agosto. Mañás cargadas de luz, de espertares preguizosos cargados de bicos e abrazos dos teus pequenos brazos. De almorzos na cama - da que son botada sen moitas contemplacións, para prepararvos o zume e as tostadas -. De arranxar correndo a casa e coller as catro cousas coas que imos á praia.
Mañás cheas do aroma á crema solar coa que vos rebozamos. De ir os cinco á pequena praia, que nin praia é, a pasear pola beira, a coller cangrexos para soltalos de novo, de escoitar explicacións sobre a fauna da ribeira. De parar cada pouco para botar un pitillo mentres ti me amosas como sabes nadar sen manguitos. De escoitar as túas cancións inventadas e a lista completa da clasificación dos equipos na Liga de fútbol.
Mañás cheas de charlas con papá, a modiño, remollando os pés e sentindo o sol no lombo.
Chegar á casa e sentar a comer - hoxe hai tortilla de patacas, que ben! -.

Mañás de agosto ao voso lado. A que pouco me sabe un mes enteiro.
©Chulihorro

El Capitán

Hace muchos años estuve al pie del Capitán (Yosemite). Aún hoy me impresiona, en la distancia.
©Chulihorro

martes, 10 de mayo de 2011

punky

Non sei que pinta este tipo no meu caderno, pero un día saíu esto dos meus lapis de cores.
©Chulihorro

Sicilia, julio de 1997



Sicilia me trae recuerdos. Unos muy malos, otros excelentes.
Recuerdo, y aún me río, el paseíto por la “Gola de Alcántara”, la mañana en la playa (estos sicilianos le llaman playa a cualquier cosa, por favor aquello estaba lleno de guijarros), la noche que cenamos viendo el Etna… Y especialmente, recuerdo un helado de limón que nos tomamos sentadas en las escaleras que llevaban al hotel, horas antes del gran tortazo. Pocas veces un simple helado y una buena compañía me han transmitido tanta paz. Hay momentitos en la vida en los que una es feliz.
Cuando te vi, días más tarde, me costó mantener el tipo (me dolían partes de mi cuerpo que nunca habría sospechado poseer, pero sobre todo me dolía verte destrozada en aquella cama), y sólo tus ojos azules me convencieron de que aquella eras tú. Y nos reímos mientras te daba la comida, encorvada y con la pata tiesa. El miedo, a veces, arranca risas.
Cada vez que me tomo un helado de limón me encuentro de nuevo sentada a tu lado en aquellas escalinatas y se lo brindo a aquel instante de tranquilidad inesperada que compartimos. Y a la suerte que tenemos de poder seguir tomándonos helados.
©Chulihorro

lunes, 9 de mayo de 2011

Aeropuerto de Mallorca

Tengo un recuerdo muy nítido en mi cabeza. Yo no estaba en mi mejor momento luego de haber pasado una infección de garganta, de esas de 40 de fiebre, antibióticos a todas horas y una semana de cama.
Coger un avión y que te estallen los oídos, aún no repuestos del todo, y llegar al aeropuerto de Mallorca y encontrar dos caritas pegadas a la cristalera. Uno tapándose los ojos y dando saltos, nervioso, como si no pudiera creer que de verdad estuviéramos allí por fin, y el otro, con sus rizos rubios, dándole besos al cristal.
En realidad fueron tres días escasos los que pasamos juntos, de los que no tengo mucha idea de lo que hicimos, pero el momento de la llegada quedará para siempre en mi memoria.
El abrazo, al traspasar las barreras, los besos y las risas. Eso, es mío para siempre.
©Chulihorro

domingo, 8 de mayo de 2011

Pizcas, chispillas y puñaítos

Estas eran las medidas estándar de la abuela. Pizcas, o pizquillas, y puñaítos servían, especialmente para asuntos de cocina (una pizquilla de sal, un puñaíto de arroz...); Las chispillas designaban temas tan variados como la cantidad de comida, de jarabe que tenías que tomarte, de agua que estaba cayendo en la calle o del manchurrón que te acababas de hacer en el vestido (e´ una chispilla de ná, apenas se ve).
Por otro lado estaban los "guarda pa cuando no haya", cada vez que decías "ay"cuando te peinaba. No entendí la frase hasta los 8 o 9 años. Luego ya decidí llevar el pelo corto.
Y por supuesto los paseítos que ella se hacía "tiqui tiqui, poquillo a poco" todos los días.
Qué grande, abuela, dondequiera que estés.
©Chulihorro

sábado, 7 de mayo de 2011

Sube ao meu lombo

Un mal sono?, Complexo de pomba?...

Levareite voando no meu lombo
sobre as miñas ás estendidas.
Esquivarei a humidade das nubes,
evitando mollar as túas feridas.
Protexereite do vento
cos meus brazos abertos
mentres soñas en silencio
co amor infinito que che ofrezo.
Evitarei voar rumbo ao sol,
para que non te queimes.
E ca auga da chuvia
docemente lavareite.
Deixarei atrás as treboadas
para que non espertes.
E pedireille á lúa, con voz queda,
que arrole o teu sono lentamente.
Sube ao meu lombo,
e déixate sen presas levar.
Repousa a túa cabeza
no meu colo, para soñar.
Non permitirei que o vento zoe,
nin deixarei que brúa o mar.
Só será o silencio quen te toque
se sobes ao meu lombo para voar.
Deixa que escolla por ti
un camiño descoñecido e aberto,
voando por un ceo inacabado
sentindo preto o teu alento.
Levareite no meu lombo,
se ti queres,
sobre as miñas ás abertas
para sosterte.
O meu corpo será a túa cama,
os meus brazos as túas mantas,
protexereite do frío, da auga,
das penas sen nome que te mancan.
Sube ao meu lombo, sen medo.
Mirarei por ti, e que non caias.
E se sentes vertixe pola altura
abraza as miñas costas,
que te agardan.
Afastareite das sombras que temes
mentres susurras no meu oído
doces palabras que só ti cantas
facéndome con elas un vestido.
Sube ao meu lombo, que te espera,
e xuntos voaremos polo aire.
Ti, cantando docemente no meu colo,
e eu, buscando un lugar novo ao que levarte.
©Chulihorro

fedellando

Hoxe acordei crear un blog. Non teño moi claro aínda por que. A cuestión é que aquí estamos, o meu ordenata e máis eu, intentando levarnos ben (o que non sempre acontece).


Veremos se andamos camiño ou todo queda en pó.