Tardes de partida. Sacar a baralla e xogar á escoba, a brisca, ao chinchón. Coller o parchís e botar varias partidas (-jo, avó, por que me comes a ficha?-).
Tardes de xogos coa canasta, de competicións inventadas, de torneos inacabables con trofeos incluídos. Tardes de fotos cos mellores sorrisos e os máis auténticos choros. Tardes de medirse no mesmo pau que tódolos anos, para comprobar o moito que medrades.
Tardes eternamente longas que vós queredes prolongar aínda máis.
Tardes de sol e paseos; de peiteado de gatos e galletas constantes.
Tardes de carrilana e bailes nas puntas dos pés, de xincanas imposibles cos coches de xoguete.
Tardes ao voso lado.
E ao remate do día buscar con ansia a cama agardando un descanso non sempre recibido, para erguerse de novo con vós e que a rolda de xogos comece outra vez.
©Chulihorro
No hay comentarios:
Publicar un comentario