Hai veces nas que a dor é tan intensa que creo que me vai reventar a cabeza.
É como se algo ou alguén morderá a miña caluga xusto no seu nacemento e dóeme mover a cabeza, dóeme o pescozo e dóeme ata pensar.
Hai veces nas que creo sentir ao monstro mordendo no meu colo e vou correndo ao espello por ver de sorpréndelo.
Nunca chego a pillalo, sempre se agocha antes, pero así é como eu o imaxino: aferrado ao meu colo, impedíndome movelo, cos seus dentes e mans agarrotándome.
Odio ao meu monstro das cervicais. Algún día pillareino no espello e fareille unha foto.
Logo mirarei cal é o seu punto máis débil e atacareino cos meus dentes e as miñas mans.
©Chulihorro
No hay comentarios:
Publicar un comentario