martes, 16 de junio de 2020

A PEGA




Onte corrín un grave perigo físico.

Facía pouco que volvera á casa e estaba no salón lendo un libro. Anque xa o lín varias veces estaba atrapada nas intrigas de palacio que se suceden na narración de Robert Graves sobre o emperador Claudio (Cla - Cla - Claudio).
De súpeto sentín un ruído e pensei nunha porta que se batía, pero estaba xusto no momento do asasinato de Calígula e pensei: "en canto aclamen a Claudio emperador vou ver que porta é".
Nestas éntrame un whatsapp da veciña do lado dicíndome que tiña un paxaro no patio da lavadora, que se estaba golpeando cos cristais.
E alá vou eu. Téñolle medo aos paxaros. Gústame velos voar, pero non os quero preto de mín. Evidentemente tiña que liberalo, así que entrei na cociña e pechei a porta detrás, non fora metérseme pola casa, e logo entrei no patio pechando tamén a porta.
E alí estaba. Paxaro, paxaro. Era unha pega!
Miroume de esguello, deixándome ver o perfil do seu peteiro. Que barbaridade de peteiro, por certo!.
Non sei a quen lle batía máis o corazón, se a ela ou a mín. Procurando non achegarme moito a ela, polo ben das dúas, abrinlle a outra ventá que lle quedaba máis preto para que saíra. Foi o suficientemente lista como para aproveitar a oportunidade para fuxir á primeira e non poñerse a revoar por todas partes como fixera hai anos un pardal ao que crin que ía ter que empadroar na casa, porque non había xeito de botalo fóra.
Era unha pega noviña, a penas tiña rabo, non se lle podía chamar aínda pega rabilonga. Así como saíu pola ventá foi voando a darlle uns peteirazos a outra pega que a estaba agardando no tellado de enfronte. Non sei se pola ledicia de verse libre ou pola rabia de ter estado atrapada.
Deixoume un par de cagadas de recordo e a necesidade de deixar a ventá ben pechada.
Logo retomei a lectura, coa satisfacción de tela liberado e terme enfrontado soíña a semellante fera, sen ter sufrido lesións ningunha das dúas.



martes, 6 de agosto de 2019

MOMENTOS

- Ese momento no que te pos a escribir sen mirar para o teclado porque sabes onde vai cada tecla e cando levas a ollada á pantalla descubres que escribiches moi correctamente "Jpcd cpi gsñst".

 - A semana pasada fun cortar o pelo e a perruqueira comentoume, mirando de esguello cara o andel dos tintes, que me saíran moitas canas. Xa lle expliquei que non, que son mechas naturais, que me gustan moito máis que as californianas.

Outro momento magnífico é cando saes un sábado pola mañá facer a compra( carriño cheo ata arriba), aproveitas e colles flores, xa que hai mercado compras unha batiña que para andar por casa non está mal, vas mercar unhas zapatillas tamén para á casa, lémbraste de recoller roupa na tintorería (creo que xa a daban por perdida), chegas á casa... e non funciona o ascensor.

Ser miope non é ningunha desgracia. Son miope e astigmática dende os 8 anos e dende hai 4 tamén teño presbicia. E non é unha desgracia.
Estou tan afeita ás gafas que son o primeiro que poño cando esperto e o último que quito cando me deito. Moitas mañás métome na ducha con elas e no momento de sentir o chorro da auga na cara é cando me decato de que as levo postas.
Sólo un ano usei lentes de contacto e tiven todas as conxuntivitis que non tivera nunca, así que volvín ás gafas. E encantada.
Xa digo que ser miope non é unha desgracia. O que si que é unha desgracia é quedar como unha parva ou como unha maleducada por non recoñecer ao lonxe á xente e non saudar.

O malo de vivir soa é que ata que saes á rúa e saúdas á xente, non sabes que estás afónica.

Outro momentazo cando vives soa é cando te metes na ducha e xusto nese momento acábase a bombona.

Outro pequeno inconveniente que ten vivir soa é que non tes a quen dicirlle que baixe o lixo cando o contedor está cheo. Non che queda outra que facelo ti.

Unha, das moitas, ventaxas de vivir soa: chegas á casa, deixas a roupa onde che peta (no meu caso no seu sitio, pero é que eu son unha obsesa da orde), colles o libro que che apeteza, descálzaste, pos a música que queres, prepáraste un café, estumbállaste no sofá... e case tocas a felicidade coas puntas das dedas por uns instantes.

O MEU GATO

Teño un gato. Un gato común, atigrado, que apareceu un bo día na horta e adoptounos. É un gato de palleiro, se tal cousa existe.
Para mín é o gato máis fermoso do mundo anque non se distinga particularmente doutros coma el. Por eso está na casa dos meus pais. Un piso que serve a penas para durmir non é un fogar para un gato.
O meu gato sabe a que hora chego e vaime agardar, ás veces na entrada da casa ás veces diante do coche.
Fálame no seu idioma gatuno docemente. Non é un miañar de gato, non é o miañar de cando pelexa cos gatos do veciño (neses casos canta ópera), nin é o miañar de cando avisa que subeu ao sofá. Non, o meu gato cando me fala fai un son moi suave, unha especie de "a.. a", que eu interpreto coma "ola!", e saúdoo acariñándoo polo lombo e, se está de humor, pola barriga.
O meu gato, a quen eu chamo Chispa anque o meu sobriño o bautizara con outro nome, sabe moi ben quen lle da de comer o que a el lle gusta e, se ben polas mañás e polas noites vai á cunca de penso, cando eu ando pola casa perségueme ata que lle dou un sobre de comida, deses que son máis saborosos que o penso seco.
O meu gato, ás veces, faime agasallos: un rato, unha toupa, un paxaro... cando o fai na casa din que é un asasino, xa que non mata por fame, pero eu creo que é un acto de amor que mos deixe na porta. Ademáis, como vai loitar un gato contra a súa propia "felinidade". Non é o agasallo máis fermoso do mundo para mín, pero el tamén se deixa desparasitar e vacinar sen emitir un chío e tampouco é un tema que lle apaixoe.



O MEU POBO

Dende a miña casa non se ve o mar. Pero eu sei que está preto. Cando saio á terraza non o ulo, xa que a miña afección ao tabaco prívame moito do meu sentido do olfacto. Pero eu sei que está preto.
Cando saio a camiñar sempre busco a súa compaña. Hai unha chea de rúas e calellas que me levan a el. Así que baixo, sen présa, paseniño, retrasando o encontro. Ata que albisco os primeiros brillos prateados. Pouco a pouco vou distinguindo anacos máis grandes ata que por fin todo o que vexo e mar, só limitado polos portos do pobo e as poboacións veciñas.
Levo máis de corenta anos vivindo nesta vila e sempre, sexa a hora que sexa, abráianme a súa magnitude e beleza.

FOBIAS

Cada quen ten as súas filias e fobias.
A mín algo que me da moitísimo noxo, non vou dicir o que máis porque hai unha chea de cousas que me botan para atrás, (e despois de 30 anos de mestra de infantil limpando cús e mocos e aturando toses e espirros na cara tampouco é que sexa escrupulosa ata a repugnancia), é pasarlle por riba a unha serpe co coche.
Pasoume onte, non puiden evitala, na estrada había sombras por mor das árbores que a cinguían, e cando a vín xa estaba enriba.
Estremecinme toda. Non podo con iso. É que escoito o crash-crash cando a atropelo anque leve a música posta e vaia cantando a todo pulmón.
Ás serpes podo velas - non tocalas - e incluso ver de lonxe como se moven, non moi preto, por favor, que non sei o perigo que teñen. Pero pasarlles por riba... PUAG! Xa non digo pisalas cos pés!, só de pensalo danme un esvaecemento.

SARGAZOS

Achegábase o verán. Os días eran longos e templados incluso quentes ao mediodía anque polas noites aínda refrescaba.
Non tiña ganas de ir pero todos no grupo estaban de acordo en facer aquel día a saída na gamela. A pequena illa estaba próxima e en dúas viaxes poderían ir todos. A idea era pasar a noite no illote, xa sabes: unha fogueira, as tendas de campaña, os sacos de durmir, as parelliñas...
Pouco despois das seis e media estaban no porto, pero entre as bromas, as risas e Xoán que, coma sempre, chegou tarde cando fixeron a primeira viaxe pasaban das sete.
Mentres Lois e Paco - remeiros oficiais - foron cos primeiros e volveron buscalos, cando por fin lle chegou a quenda empezaba a anoitecer.
Non ía tranquila. Non lle gustaban os barcos, non lle gustaba a auga e non lle gustaban as parvadas que os rapaces ían facendo cos remos. Aquelo movíase moito.
De súpeto, sen saber como, viuse na auga. A gamela envorcara e non daba atopado a superficie. Entroulle pánico. Notaba a barquiña baténdolle no pe e na man do lado esquerdo mentres, desesperada, intentaba asomar de novo a cabeza fóra da auga. Sentía a presión nos pulmóns e a angustia que a facía bracexar ao tolo sen lograr situarse para saber por onde saír.
De socato sentíu algo que lle prendía o pulso. Angustiada pensou nun sargazo e notou que algo a levaba cara abaixo. Viuse envolta nun mato de algas que a apreixaban e afundían.
Pensaba que o peito lle estoupaba, non resistía máis. E, de golpe, viunos. Agochados entre os sargazos: unha man cadavérica levábaa prendida do pulso e, no fondo, unha morea de corpos estábana agardando. Concas sen ollos mirábana fixamente e entre todos foron suxeitándoa e impedíndolle volver á superficie.
Agora é unha máis debaixo da auga, agardando un golpe de mar para botarlle man a un pulso, unha perna, un nocello e afundilo nas profundidades confundido entre os sargazos, para sempre.

VELLA AMIGA

Ao principio non a recoñecín. Pasara tanto tempo. Pero mirándoa ao lonxe cría que era ela.
Cambiara, claro, cambiara. Facía 30 anos que non a vía. E non sabía porque. Tiña máis amigas, claro, pero ela fora a miña amiga da alma. Aquela que sabía todo de mín e eu dela. Coa que ía ao cine, a tomar café, coa que intercambiaba libros, roupa e secretos. A que sabía o que me ía cabrear antes de cabrearme e a que me facía andar a rolos polo chan das gargalladas que me producían as súas parvadas.
Como puideramos afastarnos? Non sabía dela dende había moitos anos. 30 anos! Pero ela era, seguro!
Caera ao chan mentres corría. Supuxen que tropezara con algo e quixen axudarlle a levantarse. Estaba lonxe de máis e case de costas. Quería verlle os ollos e o sorriso para saír de dúbidas. Aquel sorriso amplo, cheo, sinceiro.
Mentres me achegaba distinguín o seu perfil e os cabelos, agora con algunhas canas mal disimuladas por unhas mechas loiras que eu non recordaba.
Pousei a man no seu ombro suavemente e pregunteille: estás ben, lémbraste de mín?
Cando virou o rostro quedei demudada: estaba tenso, cincento, apagado. E decateime de que estaba morta.
Quixen recuar, asustada, pero tomou a miña man entre as súas e díxome con voz queda e unha ollada profundamente triste: por fin volvemos estar xuntas. Morreches demasiado pronto".

XUBILACIÓN

O próximo setembro fará 29 anos que traballo. Empecei nova, con 23. Aínda lembro cando cheguei á miña primeira escola e unha nena dixo "ola, profe" e eu busquei coa ollada pola clase ata que me dixen "ai, coño, que son eu!".
E lembro as caras das familias os primeiros días. Esas caras que te miraban de arriba a abaixo como pensando "pero esta, que vai ensinar?". E o último día de clase que me encheron de agasallos, bicos e abrazos preguntándome se non podía volver para o curso seguinte. E como acabamos todos chorando: eles porque non querían que marchara e eu porque non quería marchar.
Cada día érgome e déitome pensando nunha nova proposta que facerlles aos pequenos. Penso naqueles que teñen máis dificultades, penso en como presentarlles temas que traballamos dunha forma máis atraente e divertida. Planifico, organizo. Gasto medio soldo en tinta para a impresora, en láminas de plastificar, en libros de contos... Paso os veráns preparando materiais para cada novo curso, coa mesma ilusión, e máis coñecemento que cando empecei. E fágoo encantada. Cometo erros, claro. Son humana.
Dígoo de novo: adoro o meu traballo. E sei que son unha privilexiada. Primeiro porque teño traballo e é un traballo estable, segundo porque é o que me gusta.
Pero cando escoito a algúns xerifaltes dicir que hai que prolongar a idade de xubilación ata os 67 anos éntranme calafríos.
Algún deles probou a sentar no chan cun grupo de nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos? A escoitar a toda a clase querendo falar todos a un tempo? Algún deles algunha vez sentou nunha cadeira dun aula de Infantil? Algun probou a pasar un recreo xogando con eles ao fútbol, ás agachadas ou ao truquel? Pasou algún unha noite pensando en como enfocar a axuda que un neno necesita? Curou con bicos, abrazos e auga (a nosa billa é milagreira) unha ferida no patio?
Porque eu si. Eu fágoo cada día. E son feliz por elo.
Pero é necesario que bote 42 anos da miña vida adulta traballando?
Sinceiramente non creo que ningún neno ou nena desas idades mereza ter unha mestra vella que non pode xa abaixarse para poñerse á súa altura para mirarlles aos ollos. E ao futuro hai que aniñarse para miralo de fronte e cos ollos limpos.

VUDÚ

Non entendía porque lle daban uns pinchazos tan fortes no lombo. Dende facía días era como se unha agulla lle atravesara as costas dende atrás, deixándoa sen respiración.
Era cousa duns instantes, pero paralizábana; eran como correntes eléctricas de altísima voltaxe. 
Comezaran unas semanas atrás na base do colo e foron baixando ata a zona lumbar.
Agora todo o lombo era unha dor, cada vez máis aguda, cada vez máis continua, cada vez máis frecuente...
No cuarto do lado alguén atravesaba un boneco con alfinetes.

UN PLANETA DISTINTO

Había unha vez un planeta no que os países eran moi distintos. A flora e a fauna de cada un deles era diferente e ata os habitantes variaban en función do país.
As fronteiras eran moi claras, xa que as marcaba a propia natureza: as árbores eran distintas en cada país, e as flores e as plantas todas. Os animais e os habitantes non traspasaban nunca as fronteiras, porque o que non coñecían dáballes medo.
Nun deses países había gatos. Unha chea. Tódolos gatos do planeta porque nos outros países non había. E entre todos eses gatos había un moi xoguetón e curioso.
Vivía preto dunha fronteira, coa súa familia de gatos e sempre estaba gabeando polos piñeiros buscando paxariños que asustar. Non os comía. A el gustáballe axexalos e darlles sustos. Así fíxose amigo dun pardal que de seguida se decatou de que aquel gato non supoñía un perigo.
Un día que estaban xogando a subir polo piñeiro ata a ponla máis alta, o gatiño viu, dende aló arriba, que moi preto de alí medraban unhas árbores que el non coñecía.
Preguntoulle ao seu amigo pardal e aos outros gatos e ningún lle soubo dicir que árbores eran.
Xa dixemos que era un gatiño moi curioso, así que se empeñou en ir ver aquelas árbores de preto. O pardal quixo convencelo de que non fose e como non o conseguíu acodou ir con el por medo a deixalo só.
Cando saíron da zona dos piñeiros, que tan ben coñecían, atoparon as árbores que viran ao lonxe: eran fortes e vellas e mái baixas que os piñeiros.
O gato e o pardal xogaron un bo rato nas ponlas daquelas árbores e pronto atoparon a outros paxaros que nunca viran porque non eran pardais.
De súpeto chegou un habitante daquel país e, como nunca vira un gato, sorprendeuse moito nun primeiro momento, pero pronto acordou cazalo. Meteuno nunha caixa e anque o gato quixo fuxir non foi quen de facelo.
O pardal e os seus novos amigos quixeron sacalo de alí, pero non foron capaces, así que o paxariño volveu ao seu país na procura de máis gatos que lle axudaran a liberar ao gatiño.
Cando os avisou moitos gatos foron seguindo ao pardal, outros quedaron onde estaban e algúns confundíronse de fronteira e entraron nun país diferente.
Os gatos e o pardal conseguiron liberar ao gatiño e víronse rodeados de cans, que nunca tal viran; ao principio os cans desconfiaron dos gatos, pero logo, salvo algunha excepción, fixéronse amigos. E todos xuntos decidiron ir visitar un novo país para ver que novas criaturas atopaban.
Os paxaros, ao voaren, levaban sementes no bico e ían esparcíndoas polos novos países que ían descubrindo, e estes íanse poboando de novas especies de árbores e plantas.
Os animais dos distintos países foron atopando a algúns semellantes e formaron novas especies.
Os habitantes dos países tamén foron descubrir outros países e xuntáronse con habitantes doutros sitios.
De súpeto xa non había fronteiras porque a flora e a fauna era diversa e variada pero ocupaba todo o planeta e os habitantes movíanse libremente dun país a outro.
Claro que, entre estes últimos, empezaron a saír moitos escuros, obcecados e curtos de vista que crían que era malo que xa non houbese fronteiras naturais e que a xente e os animais se xuntaran sen importarlles o país de orixe. E empezaron a perseguilos e a crear fronteiras artificiais con pontes, muros e alambradas.
Os animais e os habitantes seguen viaxando de país en país, pero deben ter moito coidado de que os Vixiantes das Fronteiras non os vexan para que non os encadeen.

PREGUNTAS SEN RESPOSTA

Unha pregunta: a xente pensa que se pon os intermitentes do coche gástanse? Que pasa, que teñen medo de que que se lles agoten e afórranos? 
Por non falar dos que primeiro frenan, pero en condicións, e xa na intersección, poñen o intermitente, cando xa están virando.

NON ME COÑEZO

Non sabía qué lle pasara. Sabía que estaba no Servizo de Urxencias do Hospital e os médicos explicáranllo varias veces, pero ela seguía sen entendelo. Non é que non comprendera o que fixera, ou que o xulgara, simplemente non entendía cómo puidera facelo. Era tan contrario ao que ela sempre fora.
Claro que pensara en acabar con todo algunha vez, pero tratánbase máis de plans de autolesión ou suicidio e nin sequera iso, non pasaban de microensoñacións para poder continuar. Era como crer que, de querer, todo podía rematar cando ela quixera.
Nunca pensara en facerlle nada a ninguén. E menos á súa propia familia. É certo que Moncho nunca fora un home doce ou agarimoso, que nunca tiña unha palabra amable para ela ou máis ben que nunca tiña unha palabra para ela a parte de vaca ou estúpida. El só agardaba que ao chegar á casa a comida estivese lista, a roupa limpa e que non lle romperan a cabeza con andrómenas. Especialmente os días nos que había fútbol na tele. Anque, ultimamente, xa nin o vía na casa, prefería ir ao bar que moitos partidos non eran en aberto e ademais no bar estaba Mariluz, esa mociña de cu alto e peito xeneroso que lle poñía a cervexa cun sorriso e un "Boa tarde, Sr. Ramón" mentres el lle chiscaba un ollo. Él, alí, era o señor Ramón. Nada de Moncho.
En canto aos fillos... eles que sabían. Había anos que marcharan da casa e tiñan as súas propias vidas. Cando viñan era con présa, algún domingo a comer, no Nadal ao mediodía... Cando se queixaba a eles dicíanlle que non sería para tanto e que ela ben sabía como era papá. Non ía cambiar agora!
Pero realmente non sabía qué lle pasara. Levaba anos aturando a situación e facíalle ilusión ter a toda a familia xunta para comer ese día. Por iso lle sorprendía tanto cando os médicos dicían que tiñan que tratarlle as queimaduras dos brazos que se fixera ao prenderlle lume á casa e a policía estaba agardando fóra da porta para falar con ela.

CAMBADOS

Non me gusta o inverno. Non me gustan os días curtos e escuros. Non me gusta o frío. Non me gusta pasear abrigada ata o pescozo con sete capas de roupa e botar antes de saír media hora mirando pola ventá para acordar se teño que levar paraugas ou podo arriscarme a ir sen el anque teña que apurar o paso. Odio mollar a cara por culpa das lentes.
Non me gusta o inverno. Pero encántanme as cores de Cambados. Gústame sentir o aire do mar que me bate na cara cando ando polo Paseo Marítimo. Gústame a luz dos solpores, das rúas, do ceo, das farolas cando acaban de acender. Gústame o tranquilo que está o pobo que podes entrar en calquera cafetería e non hai barullo nin a penas xente. Podes ler o xornal, un libro, tomar algo e polo xeral coñeces a todo o que entra e sae.
Non me gusta o inverno. Cambados si (anque, aquí entre nós, gústame a súa tranquilidade no inverno).

MESTRA

A miña primeira mestra foi a miña nai. Supoño que eso podémolo dicir todos pero no meu caso tamén o foi na escola.
Eu non fixen Infantil ou Preescolar ou Parvulitos ou algo polo estilo xa que tería que facelo na escola da miña nai que tiña daquela 60 alumnos en clase.
Así que cando eu lle dicía que marchaba ás leiras coa señora Rosa subida no carro, ela só me dicía que me portara ben, que obedecera e non me puxera pesada. Sempre fun unha nena tranquila así que me deixaba ir sabendo que non daría a lata e estaría ben coidada.
Eu nas veigas poñía moito empeño: quería sementar as patacas, apañar o millo e lavar no río (falo dun tempo no que a penas había algún tractor ou lavadora nas casas e ver o mundo enriba dun carro era unha experiencia deliciosa). Naturalmente deixábanme enredar un pouco e rían coas miñas pretensións e logo entretíñanme con calquera cousa porque con 4 ou 5 anos pouco podía facer. A señora Rosa e a súa filla foron sempre doces e amables comigo.
Chegou un día no que tiven que empezar a escola, asi que aquelo de marchar a media mañá ou despois de comer acabouse.
Unha das primeiras leccións que aprendín foi a de xogar con todos e se alguén tiña mocos, en lugar de apartal, o que tiña que facer era prestarlle un pano da man (gañei un par de recreos vendo, sentadiña, como xogaban os demais e quedei sen un pano, pero cando me levantaron o castigo a primeira nena que veu buscarme para xogar foi aquela a quen eu apartara. E fíxoo de corazón. Quedamos tan amigas).
Aprendín a rascar as mesas de madeira con anacos de cristais para quitarlles a capa de roña que tiñan, a compartir con todos, a esperar quenda (eramos moitos e unha soa mestra), a xogar no patio con xente sempre maior ca mín - por riba son de novembro: a última mona-, a escoitar aos demais cando falan...
Miña nai aprendeume a ler e escribir e nunca llo darei agradecido o suficiente. Xa sei que se non fora ela sería outra/o pero eu tiven a sorte de que foi miña nai.
Nesa escola naceu, creo, a miña vocación de mestra: dáballes clase ás miñas bonecas ao rematar as clases porque viviamos na casa ao carón da escola.
Pero tamén tiven a fortuna de poder aproveitar o tempo saltando polas leiras, indo coas vacas, subindo no carro, sentirme libre e facerme feridas caendo polos camiños. Porque os meus pais deixáronme disfrutar da miña infancia sen someterme a un réxime horario ata que foi inevitable.
O que nunca consigueu a miña nai foi que na escola non lle chamara "mamá".
Cando era pequena gustábame xogar coas bonecas. Eso non quita que tamén xogara ás chapas, ás bólas - que nunca se me deron moi ben - á goma, ou a saltar de pedra en pedra coma unha cabuxa.
Eu tiña tres bonecas especiais: Isabela, Maite e Abrázame. E non facían nada máis alá de abrir ou pechar os ollos segundo estiveran de pé ou deitadas.
A primeira trouxérama meu pai dunha viaxe a Italia (non fora viaxe de pracer, era camioneiro e fora levar mexillóns). É unha boneca loira, de ollos azuis e bastante grande, moito para os meus catro anos daquel momento. Miña nai fíxolle un vestido igual ca un meu e a pobre pasou o xarampón metida na miña cama porque eu estaba convencida de que ela tamén estaba enferma. Supoño que o nome orixinal sería Isabella, pero eu daquela non facían distingos coa pronunciación.
Maite regaláronma uns amigos dos meus pais. Era aínda máis grande que Isabela e tiña unha longa melena negra que eu considere que non lle acaía ben con aquela cara e cortei sen piedade coas tesoiras da costura da miña nai, deixándoa medio calva.
A Isabela e a Maite aínda as conservo.
A terceira boneca, e máis antiga, era Abrázame. Chamábase así porque eso era o que poñia na caixa na que viña e cando pedín que mo leran pareceume o nome axeitado para ela. Hoxe paréceme moi tenro que lle puxera Abrázame. (Debo dicir que tamén bauticei a un pato Tortillita porque eso era o que había para comer ese día).
Esta boneca era de trapo e tiña a cara, de medio lado, de plástico así como as mans. O que se pode definir coma un horror, vamos.
Lémbroa perfectamente anque eu era moi pequena e non sei quen ma regalou nin en que momento, pero xa a tiña aos dous anos. Abrázame andaba comigo dun lado para outro, collida por un brazo, unha perna ou os pelos e aparecía nos lugares máis insospeitados nos que a mín se me ocorría deixala (non é que fora unha boneca de película de terror, eh).
A pobre estaba feita unha porquería, logo de ser recosida por canto recanto do corpo tiña, con manchas indelebles por todas partes e sen dedos porque eu llos mordera.
O ano no que o meu pai me trouxo a Isabela, que pasou a ser a favoritísima, nós viviamos na casa escola e polo San Xoán faciamos diante da casa unha fogueira á que se sumaban moitos veciños. De sempre aproveitábase o momento de facer as cacharelas para facer limpeza nas casas e a elas ían parar todos os trastos inservibles que andaban estorbando. Miña nai considerou conveniente darlle pasaporte a Abrázame no medio de tanto pau e tanta trapallada, sen que eu me dera conta.
O meu irmán máis vello estaba empeñado en saltar a cacharela (tiña 7 anos) e cando empezaron os máis novos a saltar, antes de que o lume fose alto a miña nai soltoume para vixiar ao meu irmán.
E, de repente, a pobre atopouse dividida entre atender ao primoxénito que ía facer o seu debut como saltador de lumes ou á máis pequena que berreaba desesperada "Abrázame, Abrázame!!!", porque xusto nese momento vin á miña boneca no medio da fogueira.
Debo dicir que non me quedou trauma ningún. Miña nai explicoume moi claro que a pobre estaba xa noxenta e que as cousas só son cousas, que caducan e é necesario desfacerse delas (ela botara ao lume un costureiro que tiña couza e que moito lle gustara, axudáralle eu).
Gardo o recordo de Abrázame. O lume de San Xoán é purificador, así que lle deu un final fermoso a unha boneca que xa estaba inservible e a mín axudoume a non aferrarme demasiado aos ben materiais.

miércoles, 28 de mayo de 2014

Hai música que te encende, que fai que che entren unhas ganas tremendas de berrar, de saltar, de cantar a pleno pulmón (aínda sabendo que o fas fatal), que fai que andes a chimpos pola casa, supoño que para horror dos teus veciños no caso de aqueles que vivimos en pisos que teñen paredes de papel.
Pero tamén hai música que te apaga. Cancións que fan que te recollas nun recanto do sofá e empapes a tapicería coas túas bágoas. Que che fan encollerte e quedar quediña nun recuncho, que che sacan saloucos e ata te mancan un chisco.
Con elas podo imaxinarte de novo. E chorarte outra vez, coma sempre. Na espiral que forma o fume do cigarro vexo a túa silueta danzando ao son da música que arranca este río dos meus ollos. Lembro o  teu sorriso, e sorrío á miña vez, ata que me decato de que non estás, e a túa imaxe vaise diluíndo nas gotas de chuvia que caen no cristal da ventá.

É o malo desta combinación de música e chuvia que escollín para este día. Probablemente debería escoitar outra cousa, unha desas cancións que me fan dar choutos coma unha cabuxa… pero con elas non podo recordarte tan docemente, tan doentemente. Así que seguirei pensándote dende este meu lado masoquista que precisa chorarte de cando en vez para lembrarte ben.


sábado, 16 de febrero de 2013

Tu dolor me apena


Tu dolor me apena.
Mi deseo sería que no sufrierais, pero la vida está llena de amor y pena, de alegrías y tristezas. Ojalá no conocierais la desdicha, pero dudo mucho que eso os hiciera mejores. Sí, es necesario conocer el dolor y el miedo para poder superarlos.
Hasta hace poco podía consolaros con palabras, porque vuestros temores eran muy concretos. Ahora lo único que puedo hacer es acompañaros. La vida es dura y es necesario hacerse pronto a la idea.
Tu dolor me apena.
Dicen que no hay mal que cien años dure, pero mientras dura es terrible. Y yo no puedo más que decirte que te quiero y que aquí estoy siempre para ti.
Lo superarás, seguro. Vendrán días mejores, más alegres, más luminosos. Pero ahora sientes la oscuridad a tu alrededor y es duro de soportar.
Tu dolor me apena.
Volverá el tiempo en que vuelvas a sonreír y los días te parezcan cortos para llenarlos de todo lo que quieres hacer. Volverán los momentos de felicidad y risas y luz a tu alrededor.
Mientras… sólo puedo acompañarte en tu desdicha. Sabe que me alegra tu alegría, pero hoy tu dolor me apena.

© Chulihorro

sábado, 23 de junio de 2012

Caminos

Si pusiera mis pasos de los recreos en línea recta, creo que ya habría dado la vuelta al mundo. 
Igual que las hormigas recolectan comida para el invierno yo atesoro recuerdos en mis largos días de recreo arriba, recreo abajo.
Y pienso en las tardes de verano buscando la sombra de la parra, las comidas familiares en las que se cruzan las conversaciones, la sobremesa del día de Reyes en las que abrís nerviosos los regalos luego de leer el nombre en las etiquetas. Pienso en cuando erais tan pequeños que podía sosteneros en mis brazos y besaros a placer, haciéndoos cosquillas en las mejillas y en el cuello.
Recuerdo viajes a Roma, a París, a la Costa Oeste de Estados Unidos.
Mientras camino por el patio parándome a hacerle una caricia a aquel que se ha caído, abrochando los zapatos desatados (¿cuántos cordones habré atado en mi vida?), mientras escucho discusiones o propuestas de juego y me pongo al día en la última aventura de Bob Esponja y Son Goku (apasionantes, ambos dos).
Y luego pienso en los paseos por la playa o por la orilla del río, apoyándonos en el bastón de caminar que fuimos perfeccionando con el paso del tiempo.
O pienso en las noches de viernes que pasábamos juntos o en el olor que tenían los libros sin estrenar que mamá forraba al comienzo de todos los cursos.
A veces me anticipo al futuro e imagino la felicidad que supone saber que pronto volveré a estar con vosotros. Que en un par de días volveremos a estar comiendo todos apretados en el salón de los abuelos. Y oiré de nuevo vuestras voces y vuestras risas y escucharé novedades y canciones que sólo a vosotros os gustan (ai se eu te pego....).
Sí. En invierno soy como una hormiguita recopilando tesoros. Los que permiten a mi cabeza soportar los recreos arriba y abajo un pie delante del otro todos los días.
© Chulihorro

jueves, 26 de abril de 2012

El viejo vinilo

Cuando yo era pequeña mi abuelo tenía un disco en vinilo de cuentos clásicos. Por una cara "La ratita presumida" y "Garbancito" y por la otra "El gato con botas". Este último nunca me gustó, pero los dos primeros quería oírlos una y otra vez. Nunca me cansaba. Me sentaba en una sillita baja que tenían para mí y escuchaba los cuentos con mucha atención, muy concentrada en las palabras. Estaba acostumbrada a oír cuentos. Mi abuela me los contaba para que comiera y yo le corregía cuando introducía alguna variación en ellos. Así que escuchar cuentos sin apoyos visuales era lo cotidiano en aquellos tiempos.

De Garbancito me gustaba su valentía, la canción que cantaba para que no lo pisaran y que la madre lo socorriera al final. De la ratita presumida me gustaba el final: el gato se la comía. Y punto. Por presumida y vanidosa.

En estos tiempos en los que vivimos acostumbro a ponerles a mis alumnos películas de dibujos animados. Y cada vez exigen más. La imagen lo aporta todo. Apenas queda un resquicio para la imaginación individual. Buscas en internet distintas películas, en ocasiones que no sean muy largas, ya que no quieres dedicar mucho tiempo al visionado de las mismas. Hay muchas más cosas que hacer. A veces traen ellos algún DVD o lo llevo yo y vemos un ratito la película.

En ocasiones les pongo cintas de casete con cuentos tradicionales y se han acostumbrado a oírlos. De hecho tienen sus preferidos y cuentan partes del cuento al tiempo que lo escuchan. Quizás el que más gusta, tanto en audio como en video o en libro, sea el de los tres cerditos. En cualquier soporte es un cuento que les fascina.

Hoy teníamos un tiempo muerto, mientras algunos terminaban la pieza de fruta que tocaba hoy y llegaba la profe que les daba clase después. Así que busqué un cuento clásico. Y apareció Garbancito. Cliqué en él por curiosidad, ya que yo recordaba con cariño el de mi infancia, aunque hacía muchos años que no lo había vuelto a oír. De hecho no sé qué habrá pasado con el disco.

Y mi maravillosa sorpresa fue descubrir que el cuento en cuestión era una presentación en Power Point en la que van pasando las imágenes de un cuento - con unos dibujos que recordaban los dibujos de los cuentos de mi niñez - y el audio ¡era el mismo de aquel viejo vinilo que tanto escuché!

Reconocí cada fragmento del mismo, saboreé de nuevo la canción de Garbancito, me sorprendió lo fresco que estaba en algún rincón de mi memoria. De repente, con una sonrisa tonta en los labios, volví a tener cuatro o cinco años y a estar sentada en mi sillita de mimbre mientras el abuelo ordenaba su colección de décimos de lotería y la abuela zurcía alguna pieza de ropa. 
Creo que a mis niños les gustó mucho. Yo guardé en enlace en favoritos.

© Chulihorro

miércoles, 18 de abril de 2012

Gato

Gato llegó un día de otoño a nuestro jardín.
Al principio la echábamos de allí a base de palmadas y ruidos de pies. Pero ella volvía cada día y nos espiaba medio oculta entre las plantas, lista para huir si la cosa se ponía fea.

Entonces nos dio pena. Probablemente por su insistencia. Por venir a comer los restos de los restos que quedaban, lo que se tiraba en el compost.

Papá empezó a echarle, allí, sobre una piedra, migas de pan mojadas en salsa sobrante, restos del pescado de la comida... y ella cada día los comía, siempre con un ojo vigilante, siempre después de que se hubiera alejado lo suficiente, siempre mirando de frente y sin dar la espalda.

Le pusimos un plato para la comida, y otro para el agua y me costó muchos meses conseguir que me dejara acercarme a ella. Entonces fue cuando caí en la cuenta de que Gato era una gata. Pero ya no tenía remedio, era el nombre por el que la llamaba y sí, lo reconocía.

Hace poco me permitió acariciarla, en el lomo, nunca en la cabeza y de una forma desconfiada, como escapando de la caricia. Procuraba hablarle bajo, mimosamente y acariciarla con cuidado, pero ella huía después de un par de pases de mano por el lomo.


Hasta hace una semana.
Parió un par de gatitos en la jardinera que está debajo de la ventana del salón, semioculta por una mata de perejil. Yo estaba trabajando pero le pusieron comida cerca y, cuando creyó que nadie miraba, bajó a comer.

Al llegar a casa me acerqué, hablándole suavemente, como suelo hacer. Y hete aquí que busca mis caricias, se tumba boca abajo para que le acaricie la barriga, me deja tocarle en la cabeza y ¡hasta me permite coger a sus crías!.

Intenté cambiar a la nueva familia para un lugar más cómodo, en una vieja cestilla que había sido de nuestra gata Claudia (la gata más cariñosa y dulce que haya tenido), pero prefiere su escondite entre las plantas y el perejil. Allí la acomodamos con toallas viejas para que estén más calentitos, sobre todo los pequeños y vigilamos que la lluvia no los moje (es muy lista, ese jardín hay que regarlo, la lluvia nunca cae en él).

No sé lo que pasará cuando las hormonas se le estabilicen, pero procuro acariciar mucho a los pequeños para que se acostumbren desde ya a nuestra presencia y nuestros mimos. Creo que nos hemos ganado su confianza. Y aunque siempre será una gata salvaje, hemos conseguido que no nos tema ni nos huya.


© Chulihorro