martes, 6 de agosto de 2019

O MEU POBO

Dende a miña casa non se ve o mar. Pero eu sei que está preto. Cando saio á terraza non o ulo, xa que a miña afección ao tabaco prívame moito do meu sentido do olfacto. Pero eu sei que está preto.
Cando saio a camiñar sempre busco a súa compaña. Hai unha chea de rúas e calellas que me levan a el. Así que baixo, sen présa, paseniño, retrasando o encontro. Ata que albisco os primeiros brillos prateados. Pouco a pouco vou distinguindo anacos máis grandes ata que por fin todo o que vexo e mar, só limitado polos portos do pobo e as poboacións veciñas.
Levo máis de corenta anos vivindo nesta vila e sempre, sexa a hora que sexa, abráianme a súa magnitude e beleza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario