Cada quen ten as súas filias e fobias.
A mín algo que me da moitísimo noxo, non vou dicir o que máis porque hai unha chea de cousas que me botan para atrás, (e despois de 30 anos de mestra de infantil limpando cús e mocos e aturando toses e espirros na cara tampouco é que sexa escrupulosa ata a repugnancia), é pasarlle por riba a unha serpe co coche.
Pasoume onte, non puiden evitala, na estrada había sombras por mor das árbores que a cinguían, e cando a vín xa estaba enriba.
Estremecinme toda. Non podo con iso. É que escoito o crash-crash cando a atropelo anque leve a música posta e vaia cantando a todo pulmón.
Ás serpes podo velas - non tocalas - e incluso ver de lonxe como se moven, non moi preto, por favor, que non sei o perigo que teñen. Pero pasarlles por riba... PUAG! Xa non digo pisalas cos pés!, só de pensalo danme un esvaecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario