Non me gusta o inverno. Non me gustan os días curtos e escuros. Non me gusta o frío. Non me gusta pasear abrigada ata o pescozo con sete capas de roupa e botar antes de saír media hora mirando pola ventá para acordar se teño que levar paraugas ou podo arriscarme a ir sen el anque teña que apurar o paso. Odio mollar a cara por culpa das lentes.
Non me gusta o inverno. Pero encántanme as cores de Cambados. Gústame sentir o aire do mar que me bate na cara cando ando polo Paseo Marítimo. Gústame a luz dos solpores, das rúas, do ceo, das farolas cando acaban de acender. Gústame o tranquilo que está o pobo que podes entrar en calquera cafetería e non hai barullo nin a penas xente. Podes ler o xornal, un libro, tomar algo e polo xeral coñeces a todo o que entra e sae.
Non me gusta o inverno. Cambados si (anque, aquí entre nós, gústame a súa tranquilidade no inverno).
No hay comentarios:
Publicar un comentario