martes, 6 de agosto de 2019

VUDÚ

Non entendía porque lle daban uns pinchazos tan fortes no lombo. Dende facía días era como se unha agulla lle atravesara as costas dende atrás, deixándoa sen respiración.
Era cousa duns instantes, pero paralizábana; eran como correntes eléctricas de altísima voltaxe. 
Comezaran unas semanas atrás na base do colo e foron baixando ata a zona lumbar.
Agora todo o lombo era unha dor, cada vez máis aguda, cada vez máis continua, cada vez máis frecuente...
No cuarto do lado alguén atravesaba un boneco con alfinetes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario