Son a sombra bailarina do teu corpo.
O recordo imaxinado dunha tarde.
Son aquelo que rexeitas nos teus soños.
Son a leña podrecida que non arde.
Son o peor que hai en ti de malo.
A túa cara máis noxenta, a máis cruel.
Son o inferno que agochas baixo un manto
e que non sospeita en ti ninguén.
Son a túa parte escura, a que non mostras.
Son todo aquelo que non quixeras ser.
Foxes da miña ollada, inmerso noutras,
como escaparías do meu lado con pracer.
Se puideras, esqueceríasme.
Se souberas, borrarías a miña pegada.
De poder facelo, anularíasme.
Con gusto, converteríasme en nada.
Pero eu continúo aquí. Mancándote.
Sigo aniquilándote de a pouco.
Inventando feridas novas. Matándote.
Sabendo que, mentres te mato, tamén morro.
©Chulihorro
No hay comentarios:
Publicar un comentario