domingo, 21 de agosto de 2011

Avoa

Hai unha chea de nomes na miña cabeza, de sitios que non coñezo máis que de oídas (a Pena da Mó, a Fonte da Meiga, a Veiga das Cartas...), hai nomes de xentes das que só sei iso, o nome (Manolo da Porcela, Dolfina de Muíños, o Tío Currás, Don Samuel...). 
E sobre todo e por riba de todos están Luís e Herminda. Parte da familia que marchou ante de eu nacer. Sen embargo, anque nunca a vin, sei da dozura, da entereza e da rectitude moral da avoa. Sei dos sus ditos, da súa bondade, do seu sentido común e do seu humor.
Véxoa baixando ao río co Pipo ao seu lado, ou volvendo da terra de traballar todo o día e respondendo que a cama xa a fixera o carpinteiro, ao preguntarlles vós se estaba lista. Podo intuír o seu desacougo o día que chegaches á casa cunha ferida no pulso e que entre Luís e ti intentástedes disimular. Adiviño a súa cara cando Lela lle comentou, entre berros e movementos de brazos, que lle mataras os pitos...
E, anque só conservamos dela unha única fotografía, imaxino a súa longa trenza chegándolle ao medio das costas, xa que imaxe é tan cativa que non permite vela con claridade.
E vexo, aínda hoxe, o moito amor que che deu e que nunca é suficiente.
© Chulihorro

No hay comentarios:

Publicar un comentario