A tarde está morriñenta. De novo poño a vella roupa que me serve para andar cómoda e novamente bótome ao camiño contigo.
Xuntos imos observando as árbores, as flores, o río que nalgúns tramos corre ao noso carón. Río contigo e coas túas vellas lembranzas de neno pobre nun medio que é o mesmo pero que xa non se parece a aquel.
Aprendo novos nomes de árbores e plantas que vemos na nosa andaina, anque logo os esquezo de seguida e mañá terei que volver preguntarchos.
De vez en cando teño que apoiarme mellor no pau que levo pola dureza dos treitos que andamos xuntos.
Andamos. A modo. Sen presa e sen paradas. Observando o ceo, o camiño, as plantas, o río...
Algo móvese detrás duns toxos e penso que pode ser un coello, anque ao momento tema que se trate dunha serpe. Será un lagarto coa cabeza tan grande como a da vaca Estrella?.
De novo andamos xuntos polas vellas corredoiras e camiños. Pequenas estradas que temos á nosa man para disfrutar de anaquiños moi agradables de tempo.
© Chulihorro
No hay comentarios:
Publicar un comentario