Ás veces o ceo sorpréndeche cunhas luces incribles. Unha tarde de verán de hai uns anos, logo dunha tormenta desas nas que non sabes se vai acabar e que a min tanto me arrepían, o ceo descubriuse con este marabilloso solpor. O anaquiño de ceo que podía ver dende a miña casa era un fabuloso espectáculo de cor. Fería mirar para el. Pero non puiden deixar pasar a ocasión de coller a miña cámara, que é ben cativa, e facer esta foto. A min paréceme fermosa, pero queda curta ante o esplendor que se me ofrecía.
© Chulihorro
© Chulihorro
No hay comentarios:
Publicar un comentario